Xapón pon os ollos en Arousa Norte

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/11novembro/13/visita_delegacion_xaponesa_arousa_norte1311151.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/11novembro/13/visita_delegacion_xaponesa_arousa_norte131115.mp4{/flowplayer} BARBANZA> A delegación española do grupo turístico máis grande de Xapón, Japan Tourism Marketing, quixo coñecer o paquete turístico da Mancomunidade para persoas con discapacidade visual. Xapón pon os ollos en Arousa Norte, e nunca mellor dito, xa que o grupo turístico con maior repercusión no país nipón, Japan Tourism Marketing, decidiu achegarse ata a comarca para coñecer ‘in situ’ o paquete turístico deseñado para persoas con discapacidade visual. Dáse a circunstancia de que en Xapón a partir do ano que vén, entrará en vigor a Lei contra a discriminación de persoas con discapacidade, polo que o sector turístico está moi interesado en coñecer a influencia que vai ter esta lei no seu ámbito, tomando como exemplo o traballo realizado neste eido pola Mancomunidade. Dende Arousa Norte valoraron moi positivamente esta visita que abre as portas a chegada de novos turistas á comarca, en especial do continente asiático. Despois de coñecer o museo Valle-Inclán, a visita continuou polo mirador da Curota, o dolmen de Axeitos e o parque natural de Corrubedo, realizándose ademais a ruta sensitiva do mexillón e paradas no centro arqueolóxico de Neixón e en Rianxo.

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí