Denuncian un anuncio para camareira por sexista

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/04abril/26/anuncio_sexista_sanxenxo.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/04abril/26/anuncio_sexista_sanxenxo.mp4{/flowplayer}

 

SANXENXO> Un anuncio sexista indigna a Sanxenxo. Unha páxina web recollía un suposto proceso de selección de camareira para un pub da vila, no que se pedía que as candidatas, ademais de ser simpáticas e traballadoras, tiveran bo peito. Cando alguén respondía ao anuncio, o seguinte requisito era a realización dunha entrevista por Skype en roupa interior. O feito xa foi denunciado polo concello. 

Buscamos camareira guapa, simpática, traballadora, don de xentes, bo peito e mínima experiencia para traballar nun local de copas en Sanxenxo. Este é o texto do anuncio que indignou ao concello.

As redes sociais rapidamente fixéronse eco da polémica, e foi aí onde se coñeceron novos datos deste suposto proceso de selección. Unha entrevista por Skype en roupa interior e manter relacións sexuais co xefe, eran outros dos requisitos para o posto.

A media mañá, o anuncio xa fora borrado da páxina web, pero o concello seguirá adiante coas medidas. Sospeitan, ademais, que detrás desta convocatoria non existe unha oferta real de traballo.