Alerta en Sanxenxo ante os posibles hurtos en zonas de ocio

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/07xullo/17/xunta_sanxenxo.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/07xullo/17/seguridade_sanxenxo.mp4{/flowplayer}

SANXENXO> A Alcaldesa sanxenxina e o Subdelegado do goberno facían estas declaracións intres despois de concluír a xunta de seguridade deste Concello. Unha reunión na que se fixo fincapé nos delictos propios dun municipio turístico. O Subdelegado do Goberno en Pontevedra, Antonio Coello, copresidiu esta mañá, xunto ca Alcaldesa Catalina González, a xunta de seguridade de Sanxenxo. Un concello que dado o seu caracter turístico, precisa ser, sobre todo, seguro para o tempo de ocio e lecer de veciños e visitantes. De novo este ano, as cifras falan á favor da acción das forzas de seguridade nesta localidade: baixan o número de delictos e aumenta o número de resolución de casos e as detencións de malfeitores. Nesta xuntanza analizaron tamén a evolución dos Plans Director e de Ocio deste ano. O Plan Director fixo fincapé na concienciación dos mozos sobre os prexuízos que supón para eles o abuso do alcol; ó tempo que se lle ensina a facer un uso correcto das novas tecnoloxías. Para iso a Garda Civil impartiu durante este curso ata seis charlas en centros escolares. E para complementar a acción do Plan de Ocio, que regula a venda de alcol a menores en locais públicos; o Concello salientou a súa especial atención ó control dos botellóns; unha práctica que arestora se realiza en máis puntos do municipio pero con menor concentración de xente. E como recomendacións para este verán, o Subdelegado fixo un chamamento á cidadanía para que permaneza vixiante tamén no seu tempo de lecer; especialmente cos aparellos tecnolóxico, tan do gusto dos descoideiros. Recoméndase apuntar a numeración única destes aparellos para que sexa máis doado seguirlle a pista unha vez roubado, e mesmo chegar a dar con el e recuperalo.