O executivo muradán confía en retomar as obras da piscina en breve

    MUROS> O concello xa dispón dun informe técnico novo que incide na necesidade de redactar un novo proxecto, ó detectarse fallos importantes nas obras de reparación da cuberta. A alcaldesa, María Xosé Alfonso, informou de que o concello xa chegou a un acordo coa empresa construtora, que resultou adxudicataria das obras da reparación da piscina municipal, polo que os traballos, que levan tempo paralizados, poidan iniciarse en breve. Ó parecer as obras que se estaban a executar non se axustaban ó proxecto inicial. A alcaldesa asegurou que a solución xa está agora encamiñada, pedindo desculpas ós usuarios da instalación pola tardanza en acometer as obras.