Inician o pago das expropiacións do proxecto medioambiental do río Arlés

    RIBEIRA> O executivo ribeirense vén de informar de que dende o pasado venres xa se está a proceder ó pago en efectivo dos terreos necesarios para a execución do proxecto de recuperación do río Arlés, que descorre polas parroquias de Oleiros e Artes. Dende o Concello faise un chamamento ós veciños afectados, máis de douscentos, para que acudan á casa consistorial e se informen das alternativas existentes para poder cobrar, para o que será necesario ter presentando previamente a documentación de propiedade. Fontes municipais informaron tamén de que a execución desta obra, incluída no proxecto Riveira Atlántica, está en fase de adxudicación, polo que a actuación debería iniciarse antes de finais de ano.