RIBEIRA> A nova versión presentada esta mañá no Concello incluirá importantes novidades, entre elas unha imaxe renovada, con melloras no seu deseño, navegación e contidos. Ademais estará adaptada ós novos avances dixitais para que a comunicación cos veciños a través dela sexa máis fluída, transparente e próxima.
Ribeira está de estrea. A partir do vindeiro luns contará con nova páxina web. A súa creación foi posible dentro das accións enmarcadas na EDUSI ‘Máis Riveira Atlántica 2020’, sufragada nun 80% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional.
Ademais dunha imaxe renovada e moderna, inclúe importantes novidades, integrando os diferentes portais dos organismos municipais para dar unha maior comunicación coa veciñanza, gañando en inmediatez e promovendo unha maior participación e transparencia.
A nova web municipal contará con acceso directo á sede electrónica, unha caixa de correos para incidencias ou mesmo unha axenda de eventos e actividades, ademais da posibilidade de realizar enquisas online. En definitiva, converter a web municipal no principal eixo de comunicación de toda a información que pasa no Concello, ademais de servir de vía para a realización de todo tipo de xestión os 365 días do ano.
Aproveitouse tamén para presentar a nova web de turismo que contara tamén cunha imaxe máis moderna e atractiva, na que se incluirán multitude de imaxes e información detallada de interese para os veciños e visitantes respecto ó gran potencial natural e cultural do municipio