Achan morto a un veciño de Cespón no seu domicilio

    Un veciño da parroquia boiresa de Cespón, Saturnino Pérez España, de 66 anos, apareceu morto no seu domicilio no lugar de Comba por causas polo de agora descoñecidas, á espera do que determine a autopsia. A  Garda Civil está a realiza-las correspondentes investigacións, aínda que todo parece indicar que se tratou dunha morte natural.

    mortocespn_300_050606.jpgO cadáver foi localizado no chan dunha das habitacións da casa pouco despois das nove e media da noite do pasado xoves por axentes da Policía Local e da Garda Civil de Boiro que acudiron á vivenda situada no número 21 da aldea de Comba na parroquia de Cespón alertados por un familiar que lles informou que non tiña novas do falecido dende había varios días.

    Para acceder á vivenda ós axentes tiveron que romper un cristal, ó atoparse coa portas de entrada á casa así como as fiestras totalmente pechadas. Unha vez dentro do inmoble percatáronse  da presenza do corpo sen vida deste veciño, e que ó parecer levaba xa varios días morto.

    Redacción Barbanza