O pleno dá o visto bo definitivo á nova depuradora de Lousame

LOUSAME> O pleno de Lousame aprobou definitivamente o proxecto para a mellora de saneamento e a construción da nova depuradora. Esta actuación, cun orzamento próximo ó millón de euros, dará servizo ós núcleos da Devesa, A Silva, Berrimes, As Quintáns e A Costa así como ás instalacións da piscina, o polideportivo municipal e o colexio Cernadas de Castro.

Na sesión plenaria, de carácter extraordinario, acordouse tamén a aceptación dos terreos cedidos polas comunidades de montes de Bargo e Burzó así como a súa posta a disposición da Xunta para a execución das infraestruturas de soporte ás redes de comunicación móbil precisas para mellorar a cobertura no municipio.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí