Ramatadas as obras de pavimentación en varios viais do polígono de Xarás

    RIBEIRA> O executivo ribeirense informou do remate das obras de pavimentación de dous viais no polígono industrial de Xarás. A actuación, cun orzamento de máis de 54 mil euros, incluíu tamén a renovación a liña de pluviais. As dúas vías do parque empresarial nas que se actuou estaban bastante deterioradas, con numerosos baches que facían complexa a circulación pola zona.