O concello de Boiro asina os convenios das subvencións coas asociacións locais

    BOIRO> O executivo boirense ven de asinar con dezaoito entidades asociativas os convenios para a entrega das subvencións nominativas deste ano 2014. Todas elas colaboran co concello en diferentes actividades programas no ámbito cultural, de festexos, turismo e comercio.

    Tódalas entidades asociativas que colaboran co concello no eido cultural, festexos, turismo e comercio encheron onte pola tarde a sala de Xuntas do concello de Boiro para asinar un ano máis os seus respectivos convenios de subvencións. Das 22 asociacións que colaboran co concello, estiveron presente 18 entre elas AMBAR, a Asociación de vecinos de Comoxo, Cáritas, a Asociación de empresarios e AMICOS. O alcalde Xoán Xosé Dieste resaltou que con respecto a outros anos incrementouse notablemente a súa contía. Cabe destacar que asociacións como Cáritas ou AMBAR nunca recibiron esta subvención e contan este ano con 3.600 e 600 euros respectivamente; e AMICOS que sí recibira subvención pero nunca executou 600 euros ademáis dos 35.000 euros que recibiu por compensación de licencias da construcción do edificio para a atención a persoas con diversidade funcional. O alcalde Xoán Xosé Dieste tamén quixo resaltar a situación crítica na que se encontraba o concello no ano 2011 debido a crise económica e aínda así non recortaron as subvencións destinadas ás asociacións. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/11novembro/07/entregassubvencionsasociativasboiro0711141.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/11novembro/07/entregassubvencionsasociativasboiro071114.mp4{/flowplayer}