Francisco Rozados gaña o certame Avilés de Taramancos con ‘Niscoventa’

NOIA> A obra ‘Niscoventa’ de Francisco Rozados Rivas foi a gañadora do vixésimo certame literario Avilés de Taramancos que convoca o concello de Noia. O xurado elixiu por unanimidade este relato que narra a historia dun fuxido nos primeiros anos do franquismo utilizando dúas liñas temporais.

Este era o momento no que o gañador do vixésimo certame de relatos Antón Avilés de Taramancos coñecía a nova do seu premio. O concelleiro de Cultura chamouno xusto despois da apertura do sobre co fallo do xurado para comunicarlle que a súa obra ‘Niscoventa’ fora elixida de xeito unánime por tódolos membros.

O xurado destacou a calidade literaria de Niscoventa, estruturada en dúas liñas temporais moi ben fiadas así como a presenza de fermosas pasaxes poéticas que fan aínda máis agradable a súa lectura.

Ademais da publicación da obra, o premio está dotado con tres mil euros e unha escultura do artista noiés Alfonso Costa.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí