O PSOE denuncia ante a Fiscalía a Durán e a sete edís por cobrar por viaxes inexistentes

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/11novembro/23/psoe_vilanova.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/11novembro/23/psoe_vilanova.mp4{/flowplayer}

VILANOVA> O PSOE de Vilanova ven de denunciar ante a Fiscalía de Pontevedra a Gonzalo Durán e a varios membros do seu equipo por cobrar ao concello por viaxes que, aseguran, non se realizaron. Segundo os socialistas, entre 2014 e ata setembro de 2015, o alcalde vilanovés, os concelleiros Javier Tourís e Nuria Morgade e os exedís Benito Portas e Alejandro Costa, cobraron das arcas municipais máis de 9.000 euros, sen presentar xustificantes destes supostos gastos de representación. Por iso piden a dimisión dos denunciados.

Os socialistas piden á Fiscalía que actúe de oficio e investigue os gastos do goberno de Vilanova. O PSOE denuncia que o alcalde Gonzalo Durán, os concelleiros Javier Tourís e Nuria Morgade e os exedís Benito Portas e Alejandro Costa, terían cobrado por quilometraxes de xeito irregular por viaxes inexistentes: 5.600 euros en 2014 e 3570 ata setembro de 2015.

Segundo os datos que manexan, tanto Durán como Costa terían cobrado viaxes a Santiago por valor de 24 euros cando ambos estaban en Aguas Calientes, en México. Ademais, moitos dos desprazamentos tiñan como destino manter reunións ou facer xestións en diferentes organismos públicos. Pero aseguran que se realizaron en días festivos, cando as administracións públicas pechan.

Tampouco habería ningunha documentación que xustificara que estas viaxes se realizaron. De feito, aseguran que en 2014 só presentaron un ticket de parking e unha factura de comida.

O PSOE cualificou esta situación como desprezable e reclamaron a dimisión de Durán e dos outros sete denunciados.

Con esta denuncia ante a Fiscalía, os socialistas non se presentan como acusación particular, senón que agardan que o Ministerio Público actúe de oficio, abra dilixencias previas e recade máis documentación para profundar nestas presuntas irregularidades.