NOIA> A Marea de Noia escollía tamén esta pasada fin de semana para a presentación oficial da súa candidatura. Ademais do alcaldable, Manolo Seijas, no acto interviron tamén varios membros da lista, como foi o caso da nº2 Lola Caramés, a nº 3 Chelo Martínez e o nº6 Jose Romarís.
Un bo número de persoas asistiron esta pasada fin de semana á presentación da candidatura da Marea Cidadá de Noia celebrada no Coliseo Noela. Unha candidatura na que Manolo Seijas repetirá coma cabeza de lista. A formación contou ademais coa presenza no acto do histórico líder nacionalista Xose Manuel Beiras.