Ravella prevé tres proxectos para recuperar a zona do Castro Alobre

    VILAGARCÍA> A recuperación da zona do Castro Alobre está entre os obxectivos do goberno de Vilagarcía. O concello ten previstas tres actuacións na zona: mellorar a entrada ao parque dende Vista Alegre substituíndo a escaleira, investir no mantemento do parque e do estanque e a musealización do entorno do Castro. Para estas actuacións o concello conta con máis de medio millón de euros, nas que contará coa colaboración de Deputación e goberno central.

     

    Rematar co abandono da zona do Castro Alobre está na axenda do executivo local. O concello destinará algo máis de medio millón de euros a tres actuacións para recuperar este parque para os cidadáns.

    A primeira das actuacións dirixirase a mellorar o accesos dende a rúa Vista Alegre. A intención é utilizar remanentes de varias obras da Deputación para substituír a actual escaleira de madeira.

    Outra das accións busca pór en valor a riqueza arqueolóxica e patrimonial do Castro. Dende o mes de xaneiro e durante catro meses, arqueólogos da Deputación farán escavacións no entorno. Unha oportunidade que Ravella quere aproveitar.

    Ademais, o concello conta co compromiso do goberno central de acometer un proxecto de musealización do entorno.

    Estas accións completaranse co cambio de destino doutra partida. O actual goberno dedicará os 240 mil euros que o executivo anterior quería investir nun parque de xogos a acondicionar a área e o estanque de O Castriño.

    Sobre o avance das obras de Vista Alegre, o descubrimento dunha antiga canalización de auga anima ao concello a deixar a estrutura á vista e crear unha franxa axardinada no seu entorno para pór en valor a estrutura.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/11novembro/23/proxecto_castro_alobre.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/11novembro/23/proxecto_castro_alobre.mp4{/flowplayer}