RIBADUMIA >As estradas da comarca cobráronse outra vida a mañá do primeiro luns de Decembro. Foi na Vía Rápida do Salnés no quilómetro nove á altura de Ribadumia. Un Peugeot 206 saíuse da vía ó redor das seis da mañá e precipitouse por un terraplén. O rapaz, duns vinte anos de idade, morreu no acto.
A vía rápida do Salnés foi o escenario o luns 5 de Decembro dun tráxico accidente. Un Peugeot 206 con matrícula 5540 CMK saíuse da vía ó redor das seis da mañá.
O rapaz, un veciño de Barrantes, J.C.F.P, de 20 anos de idade regresaba a casa despois dunha longa noite, cando por causas que aínda se descoñecen o vehículo caeu á vía secundaria. Ata as oito da mañá non localizaron o vehículo por estar nunha zona de difícil acceso. Ata o lugar achegáronse membros da Garda Civil de Tráfico e os efectivos de Protección Civil de Ribadumia.
Redacción Salnés