A construtora do auditorio de Vilanova denuncia que a paralización ‘non se axusta a dereito’

    VILANOVA> A empresa encargada das obras do auditorio de Vilanova denuncia que a paralización dos traballos non se axusta a dereito. A construtora presentou un escrito dirixido á Xunta de goberno da Deputación de Pontevedra no que pide que se retomen as obras, paralizando unicamente as actuacións no entorno afectado pola liña de alta tensión. Non ven causa motivada para a suspensión total, unha decisión que, denuncian, provocará danos de difícil reparación á construtora, á propia obra e ao interese xeral dos veciños de Vilanova.

     

    A decisión da Deputación de Pontevedra de paralizar por completo as obras do auditorio de Vilanova acumula máis detractores. A empresa encargada dos traballos ven de denunciar que a decisión da xunta de goberno non se axusta a dereito. Nun escrito dirixido ao goberno provincial, recoñecen a existencia da incidencia relacionada coa liña de alta tensión, pero aseguran que non impide continuar cos traballos. No seu lugar, solicitan unha paralización parcial na zona afectada, unha solución que constaría no informe do director de obra.

    Recordan que a problemática coa liña de tensión é allea á empresa, e que a súa presenza non foi advertida polo director técnico no proxecto. Ao considerar que non hai causas motivadas para esta suspensión total, advirten que a decisión provocará danos de difícil reparación a construtora, á propia obra que está executada nun 40% e ao interese xeral dos veciños de Vilanova.

    Nesta reclamación, a empresa ten como aliado ao concello vilanovés.

    Durán asegura que a semana pasada volveron pedir a convocatoria do comité de seguimento da obra. Unha solicitude aínda sen resposta.

    O alcalde vilanovés insistiu en sinalar ao deputado provincial do Salnés, Javier Dios, como responsable, e ve nesta decisión un despilfarro de cartos por intereses políticos.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/11novembro/23/paralizacion_esteiro.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/11novembro/23/paralizacion_esteiro.mp4{/flowplayer}