As obras de Beiramar e Cantabria, no Grove, a bo ritmo

O GROVE> No Grove avanzan a bo ritmo as obras das rúas Beiramar e Cantabria. Os traballos céntranse na renovación das tubaxes de saneamento e abastecemento, por mor das roturas que se veñen rexistrando dende hai tempo. En Beiramar, ademais, aproveitouse para desdobra-la vía para maior fluidez do tráfico.

Di o alcalde do Grove que cando se fala de obras en rúas, o importante é o que non se ve. E niso, precisamente, é no que se centran os traballos de posta a punto desta rúa Cantabria. Na vía estanse a renova-las tubaxes de saneamento e abastecemento. Unha actuación que avanza a bo ritmo.

As actuais tubaxes non dan máis que problemas. O último esta mesma semana. Por iso, o alcalde insiste na necesidade de facer actuacións globais e non só estéticas.

Tamén avanzan as obras de Beiramar. O proxecto busca gañar maior fluidez. Ademais, estase aproveitando para renova-las tubaxes, atendendo tamén á gran demanda que se rexistra nos meses de verán.

Prevese que as obras de Beiramar rematen nun par de semanas. No caso da rúa Cantabria, haberá que agardar ata finais do mes de febreiro.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí