{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/11novembro/26/pp_pontevedra_orzamentos.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/11novembro/26/pp_pontevedra_orzamentos.mp4{/flowplayer}
PONTEVEDRA> O Partido Popular, insatisfeito co orzamento da Deputación de Pontevedra para o 2016. O grupo anunciou que no pleno de mañá votarán en contra da súa aprobación, por consideralos improvisados e pouco concretos. Tamén aseguraron que deixan de lado a pequenos e medianos concellos e a colectivos veciñais, culturais e deportivos, e que están ás ordes do alcalde de Vigo, Abel Caballero.
Os populares non apoiarán mañá os orzamentos da Deputación para o 2016.
Para os voceiros, as contas do bipartito esquécense dos concellos pequenos e medianos e deixan de lado a colectivos veciñais, culturais e deportivos. Segundo Arévalo, as administracións locais recibirán un 33% menos que no 2015 con Rafael Louzán.
Os populares denuncian tamén que o orzamento reduce partidas importantes, como as destinadas a atender as familias e as dirixidas aos sectores produtivos e as pemes.
Os voceiros tamén se fixeron eco do malestar dos sindicatos con estes orzamentos, que xa anunciaran que intentarán impugnar o proxecto.
O principal grupo da oposición tamén denunciou a falta de tempo para estudar o documento que, aseguraron, leva catro días no seu poder. Por iso anunciaron que será a vindeira semana cando presenten as alegacións feitas polos propios alcaldes.