A ostra galega en China. Un empresario da Illa reúnese con Lores en Hong Kong

PONTEVEDRA> Unha empresa da Illa de Arousa vende marisco fresco en China. Os galegos aproveitaron a visita do alcalde de Pontevedra a Hong Kong para reunirse con el, dar a coñecer a súa idea de negocio e compartir impresións.

 

Dous mozos da Illa de Arousa formados no Igafa levan anos exportando ostra galega en fresco a Hong Kong. Dende a súa depuradora de O Grove envían a Madrid o marisco que despois viaxa en avión ata Hong Kong sen perder no camiño ningunha das súas propiedades.

O mercado da ostra xa o teñen dominado: é un produto moi ben recibido nos hoteis e restaurantes nos que a distribúen e en China supera catro ou cinco veces o valor que se paga por ela aquí. No día de onte os dous socios de Mar Ceibe celebraban unha degustación nun prestixioso restaurante español doutros produtos como a vieira ou o mexillón cos que queren testar outras posibles liñas de venda.

Os empresarios que tiñan constancia da visita do alcalde de Pontevedra ao país trataron de reunirse con el estes días para amosar o seu modelo de negocio e compartir opinións; e tiveron a ocasión de asistir a cea de gala da Asia Spain Associaciation invitados polo propio Fernández Lores.  

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/11novembro/26/empresario_illa_hong_kong.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/11novembro/26/empresario_illa_hong_kong.mp4{/flowplayer}