O DK07 reúne en Mosteiro a The Gift, Mendetz, Lori Meyers e 6PM

dolorock_quiquearosa100_230807.jpgMEIS > A Asociación A Baralla ultima os preparativos para o DK07. A quinta edición do Dolorock celébrase este sábado pola noite…

… e xuntará no campo da feira de Mosteiro, en Meis a cinco grupos e un Dj. O cabeza de cartel será a banda portuguesa The Gift.

dolorock200_230807.jpgO mellor da música emerxente de toda a península xuntarase este sábado pola noite no campo da feira de Mosteiro, en Meis. O cartel do festival Dolorock reúne na súa quinta edición a grupos da talla de The Gift, a banda portuguesa con máis proxección internacional. Tamén subirán ó escenario os granadinos Lori Meyers, un dos grupos máis notables do pop español, e Mendetz, revelación 2007 a nivel nacional. A proposta galega chega de 6PM, formado por Iván Oubiña e Raúl Mom. Como teloneiro, The Virginals, gañador do primeiro concurso de maquetas do DK07.

Detrás deste cartel está a Asociación A Baralla, un grupo de mozos de Meis que leva cinco anos dando vida a este festival. Afirman que o seu éxito chegou a tal punto que, aínda non deu comezo o deste ano que xa están a traballar no DK08. As portas do recinto que se instalará no campo da feira abrirán o sábado ás 8 da tarde. O festival arrancará e pecharase cunha sesión do Dj Moe.

Redacción Salnés