Ribeira ofrecerá este mes de agosto diversas rutas e visitas guiadas

RIBEIRA> Haberá saídas en veleiro pola Ría, rutas ata a Pedra da Rá e o Castro da Cidade e tamén visitas ó Centro de Interpretación de San Roque.

Incluídas no Plan Estratéxico para o Desenvolvemento Turístico de Ribeira 2016-2020, a concellería de Turismo vai organizar este mes de agosto saídas en veleiro pola ría de Arousa, rutas á pé ata o miradoiro de Pedra da Ra e ó Castro da Cidá, así como tamén visitas guiadas polo Centro de Intepretación Arqueolóxica de San Roque. Con estas accións o executivo ribeirense pretende contribuír a que veciños e visitantes disfruten dos atractivos existentes no municipio e no seu entorno.

Para máis información e reservas, as persoas interesadas poden dirixirse ó departamento de Turismo, no teléfono 981 87 30 07 ou no correo electrónico turismo@riveira.com.