Cáritas Noia prolongará ata Reis a campaña de recollida de alimentos

    NOIA> A entidade apela á solidariedade dos noieses para facer fronte ás necesidades de preto de 160 familias do municipio. Un ano máis Cáritas Noia pon en marcha a súa campaña de Nadal de axuda ó necesitado, a través da venda de lotaría e da recollida de alimentos que se levará a cabo nos centros educativos e nos principais supermercados da vila ata as vésperas de Reis. A entidade apela á colaboración veciñal para poder satisfacer as necesidades de ó redor dunhas 160 familias do municipio, agardando superar os tres mil quilos de comida do pasado ano. Como en anos anteriores, Cáritas desenvolverá tamén varios actos puntuais para recadar fondos para a entidade. Coa colaboración do Conservatorio Municipal o día 11 celebrarase un concerto solidario no Coliseo e o colexio Balmes destinará tamén integramente a Cáritas todo a recadación do belén vivente do día 17.

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí