Esta fin de semana arrinca en Rianxo a ruta de tapas Barbanza-Arousa

POBRA> Por oitavo ano a mancomunidade Barbanza-Arousa volve a poñer en marcha o certame Máis que Tapas, a ruta de tapas que percorrerá durante as fins de semana de novembro  e a primeira de decembro toda a comarca.

Na iniciativa, que arrinca xa este venres en Rianxo, tomarán parte preto de 60 establecementos. A proposta volverá a contar coa colaboración das tres adegas da zona da Indicación Xeográfica Protexida Terras do Barbanza e Iria.

Como en edicións anteriores o público participante poderá votar as mellores tapas a través de códigos QR a disposición dos clientes en tódolos establecementos participantes.

Precisamente unha das principais novidades desta edición será que os premios ós gañadores deses sorteos serán experiencias no propio territorio.

A Rianxo, seguiranlle por esta orde, Boiro e a Pobra do Caramiñal, para poñer xa o punto final na primeira fin de semana de decembro, en Ribeira.

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí