Promoven unha caravana reivindicativa ata a Xunta polos recortes en Educación

    BARBANZA> A Asemblea en Defensa do Ensino Público da Barbanza apoia a caravana reivindicativa prevista para mañá xoves na que tomarán parte as ANPA’s do IES Félix Muriel de Rianxo e dos colexios de Rois e Dodro a consecuencia da supresión de varias liñas do transporte escolar. A saída está prevista as nove e media da mañá de cada centro educativo coa intención de concentraranse ó mediodía en San Caetano, no edificio da Xunta. A finalidade desta mobilización non é outra que reclamar recursos para unha educación pública de calidade e en contra dos recortes que aplicou a consellería de Educación.