PORTO DO SON> Trátase da terceira das probas incluídas no circuíto de carreiras Arousa-Revolutrion Trail Series que organiza a asociación Arousa NeO. As inscricións xa poden realizarse a través da web: www.arousa.com.
A localidade sonense de Portosín acollerá este próximo domingo 17 de marzo o Xtosín Trail, a terceira das probas incluídas no circuíto Arousa-Revolutrion Trail Series que organiza a asociación Arousa NeO. A proba, novidade no circuito, constará duns 14’5 quilómetros de percorrido. A máis dura do circuito para os entendidos neste deporte, que incluirá ademais carreira a pé pola praia.
Dende o concello sonense destacaron a importancia desta proba.
As inscricións poderán formalizarse a través da web: www.arousa.com ata o próximo mércores 13 de marzo. As próximas citas do circuito Arousa-Revolutrion Trail Series 2019 terán lugar o 7 de abril co Portus Apostoli Trail en Noia e posteriormente o Barbanza 42K Trail en Ribeira, proba que pechará esta edición.