Pontevedra xa pode dispoñer dos terreos para a planta de compostaxe de A Canicouva

PONTEVEDRA> O concello de Pontevedra xa ten os terreos para construír a súa planta de compostaxe en A Canicouva. Hoxe asinaron o contrato de aluguer coa comunidade de montes, algo que o alcalde ve como un paso adiante neste proxecto. A intención do goberno local é pór en marcha a planta no  2017, pero pouco máis se coñece da futura planta de compostaxe. Miguel Anxo Fernández Lores recoñeceu que queda moito traballo por diante.

O concello de Pontevedra pode dispoñer dende hoxe dos terreos para a súa planta de compostaxe. Alcalde e Comunidade de Montes de A Canicouva asinaron esta mañá o contrato de aluguer.

Segundo o convenio, os cartos do aluguer terán que destinarse á mellora do monte ou a obras e servizos de interese xeral para a comunidade de veciños propietarios.

Miguel Anxo Fernández Lores reafirmouse en que a intención do concello é que a planta estea en marcha no 2017. Insistiu en que dispor dos terreos é o primeiro paso, aínda que recoñeceu que o proxecto aínda está nunha fase moi inicial.

Polo demais, descoñécese que participación terá a Deputación na planta, se outros concellos solicitarán os seus servizos, cal será o método para a recollida ou o novo sistema de colectores que se empregará. O que si se sabe é que será fundamental a colaboración dos pontevedreses.

Ademais, o concello aposta por potenciar os composteiros individuais e comunitarios. De feito, xunto á Deputación porán en marcha nos vindeiros meses varios nas parroquias do rural e en barrios como Eduardo Pondal e Monte Porreiro.

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/12decembro/10/cesion_terreos_canicouva.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/12decembro/10/cesion_terreos_canicouva.mp4{/flowplayer}