A Policía Nacional concéntrase para denunciar a falta de axentes e medios

PONTEVEDRA> Faltan medios e axentes nas comisarías da Policía Nacional. Esta mañá, preto de medio centenar atenderon a convocatoria do Sindicato Unificado da Policía e concentráronse diante da Subdelegación do Goberno. Denuncian que o corpo sofre recortes de plantilla e de recursos, ademais de reclamar xornadas laborais e salarios axustados á normativa europea.

Faltan axentes nas comisarías da Policía Nacional. O Sindicato Unificado da Policía cifra en 15 os efectivos necesarios en Vilagarcía; en Pontevedra, son 44 os postos non cubertos. Aseguran, ademais, que os catálogos xa naceron escasos. Son só dous exemplos da situación que vive o corpo.

Esta mañá, preto de medio centenar de policías concentráronse diante da Subdelegación do Goberno en Pontevedra. Unha protesta que se repetiu noutras cidades. E é que non só faltan medios humanos. O corpo denuncia a escaseza de material.

Tamén esixen unha xornada laboral e salarios que se axusten á normativa europea, unha reclamación na que levan anos insistindo sen conseguir resposta das administracións.

Sobre a situación da Policía Nacional de Vilagarcía e a dispoñibilidade de efectivos pedirá explicacións mañá o alcalde da vila. Na Subdelegación do Goberno celebrarase a Xunta Local de Seguridade solicitada por Alberto Varela, na que se abordará a organización dos dispositivos de seguridade da campaña de Nadal.

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/12decembro/10/concentracion_policia.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/12decembro/10/concentracion_policia.mp4{/flowplayer}