Lores cualifica como “propagandístico” o acto institucional da A-57

Pontevedra> Primeiro saúdo, oficial e público, entre o Presidente do Goberno e Miguel Anxo Fernández Lores dende que Rajoy tomou posesión do seu cargo no ano 2011. Lores dixo que o acto desta mañá foi preelectoral e propagandístico. O alcalde de Pontevedra considerou que debería de estar nese acto institucional pese a que a relación con Rajoy é distante, xa que o Presidente foi convidado polo alcalde en numerosas ocasións, pero Rajoy, considerado persoa non grata, sempre declinou dita invitación.

Lores estivo presente esta mañá neste acto institucional en Marcón, o lugar onde reside o alcalde da cidade. Ao rexedor pontevedrés parécello sorprendente que esta sexa a primeira visita de Rajoy a unha obra de Pontevedra dende a súa toma de posesión no ano 2011. Lores, ao contrario que Rajoy e Feijóo, quixo lembrar que a capital de provincia é a única cidade que non conta con circunvalación de Galicia, co cal, engadiu, chegamos os últimos en infraestruturas.

Lores quixo destacar que neste acto, centrado na A57 do que menos se falou foi desta infraestrutura, e cualificou esta visita de propagandística.

Lores lembrou tamén que a súa relación con Rajoy é distante, xa que o Presidente non aceptou ningunha das invitacións que se lle fixo dende o concello.

Preguntado o alcalde se isto se debería a que Rajoy foi nomeado persoa Non Grata polo pleno do concello de Pontevedra, Lores dixo que isto tiña fácil solución.

O encontro entre Lores e Rajoy foi educado e moi moi moi formal, segundo palabras do alcalde.

Un acto onde o alcalde lamentou que non houbera máis intervencións que as do Presidente do Goberno e da Xunta de Galicia. Un acto pechado, dixo, e dirixido polo Partido Popular.