Os armadores do cerco entregan os roles dos barcos para que os tripulantes poidan acollerse ó paro

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/10outubro/19/entrega_roles_embarcacions_cerco_1910151.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/10outubro/19/entrega_roles_embarcacions_cerco_191015.mp4{/flowplayer} PORTO DO SON> O peche da pesquería do xurelo na IX A levou á maior parte dos cerqueiros galegos a parar a actividade ante as escasas posibilidades de pesca. Os afectados entregraron os roles das embarcacións para poder acollerse ó paro ata finais de ano. O repentino peche da zona novena A para o xurelo foi a última estocada para o cerco galego que xa levaba meses arrastrando as perdas derivadas da falla de cota de bocarte. A prohibición de pescar estas dúas especies limitaba a actividade ós seis mil quilos semanais de sardiña pola embarcación e á escasa xarda que queda na costa. Con este panorama, a asociación de armadores do cerco de Galicia acordou solicitar o paro, polo menos ata que acabe o ano. Á espera de saber se terán ou non dereito a cobrar a prestación, a flota do cerco volve demandar un reparto xusto de cara ó vindeiro ano no que tódalas comunidades teñan os mesmos cupos, desbotando os dereitos históricos que prexudican ós galegos. Para abordar novamente o reparto entre comunidades, ACERGA ten solicitada unha xuntanza cos responsables da Consellería do Mar. Agardan ter contestación a curto prazo. De non ser así, xa barallan outras medidas de presión para conseguir que a administración defenda os dereitos da flota.