Ribeira celebrará este sábado a Carreira Popular do Nadal

RIBEIRA> A proba está organizada polo Club Atletismo Santa Uxía en colaboración co departamento de Deportes. Baixo a organización do Club Atletismo Santa Uxía este próximo sábado, día 26 de decembro, disputarase a quinta edición da Carrreira Popular do Nadal. A proba terá lugar nas inmediacións do estadio de Atletismo da Fieiteira e nela tomarán parte a tódalas categorías. Os interesados aínda están a tempo de poder inscribirse xa que o prazo rematará o vindeiro xoves 24 de decembro ás doce da noite na web www.carreirasgalegas.com. O prezo será de catro euros para os adultos e gratuíto para o menores. Dende a organización animaron a participar nesta proba, agradecendo ademais a colaboración da Policía Local, Protección Civil e o Grupo Municipal de Emerxencias.