Noia adxudica as obras de mellora da rúa Pintor Francisco Creo

NOIA> O proxecto de mellora deseñado para a rúa Pintor Francisco Creo, cun investimento duns 30 mil euros, incluirá a renovación do pavimento, que presenta na actualidade un estado de importante deterioro, así como a renovación dos espazos para peóns.

A idea do Concello é darlle continuidade a esta actuación, cunha segunda fase que se estendería a rúa Irmáns Labarta e que incluiría a mellora do firme e as beirarrúas.

Dende o Concello valoraron estas intervencións, dando continuidade ó plan deseñado polo executivo dende a súa chegada á alcaldía de ir recuperando as rúas e prazas públicas, con actuacións como a levada a cabo no Campo da Feira, nos Xardíns Felipe de castro o una a que se acomete na rúa Galicia.