El Niño deixa un décimo do gordo en Pontecesures, valorado en 200.000 euros

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/01xaneiro/07/gordo_nino_pontecesures.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/01xaneiro/07/gordo_nino_pontecesures.mp4{/flowplayer}

     

    PONTECESURES> A Lotaría de Nadal pasou de longo pero co sorteo de El Niño chegou a sorte a Pontecesures. Nin máis nin menos que O Gordo caeu na localidade cesureña, onde a administración número 1, coñecida como “O Golfiño” vendeu un décimo do 22654. Un número que valeu ao seu comprador un premio de 200.000 euros.

    Foi o 5 de xaneiro, un día antes do sorteo de El Niño, cando a Administración de Lotarías número 1 de Pontecesures repartiu a sorte.

    Por azar, a máquina vendeu o 22654, número que ao día seguinte converteríase no primeiro premio do Sorteo de El Niño, valorado en 200 mil euros.

    Non saben a quen llo venderon, pero para a administración “O Golfiño” trátase dun premio moi especial. Este é o primeiro que entregan las lotarías de Nadal nos seus máis de trinta anos de traxectoria.

    Agora agardan que a sorte quede na administración por un tempo.

    Aínda que o primeiro premio de El Niño recaeu noutros puntos de Galicia, o décimo vendido en “O Golfiño” foi o único da provincia de Pontevedra.