Arrancan as rebaixas

    VILAGARCÍA> Arrancan as rebaixas de maneira xeneralizada nos comercios e fano pasadas por auga. O mal tempo e o día laborable fixeron que as tradicionais aglomeracións se reduciran a primeiras horas aínda que moitos non quixeron faltar ao primeiro día de descontos.

     

     As compras por internet, a liberdade dos comercios para escoller o período de descontos e o mal tempo que chegou a Galicia neste comezo de ano fixeron que as xa tradicionais colas e aglomeracións o primeiro día oficial de rebaixas se reduciran considerablemente, aínda que os hai que por unha razón ou outra non fallan a esta cita.

    As segundas rebaixas, nas que os descontos adoitan aumentar considerablemente son unha boa opción, pero co risco de quedar sen prendas ou tallas.

    No primeiro día de descontos hainos que atopan todo o que querían e outros saen desencantados ante a desaparición de prendas que viron días antes ou naquelas que se manteñen de tempada e non rebaixan os seus prezos. A cantidade de xente e as presas farán que moitos volvan pasados uns días.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/01xaneiro/07/arranque_rebaixas.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/01xaneiro/07/arranque_rebaixas.mp4{/flowplayer}