O pleno respalda aos comuneiros de Noalla e apoia revisar os lindes do concello

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/01xaneiro/27/pleno_lindes_sanxenxo.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/01xaneiro/27/pleno_lindes_sanxenxo.mp4{/flowplayer} 

 

SANXENXO> Sanxenxo irá a por todas na reclamación do monte da Lanzada. O pleno aprobou onte a proposta do goberno local de incoar un expediente para a revisión dos lindes que separan este concello do de O Grove. Ademais de PP e VIPS, a alcaldesa conseguiu finalmente o apoio do PSOE e de SAL. O BNG, pola súa banda, optou pola abstención.

Foi o único punto da orde do día do primeiro pleno ordinario do ano, pero Sanxenxo deixou a súa postura clara. O concello irá a por todas na reclamación da titularidade da Lanzada e no seu apoio aos comuneiros de Noalla.

O goberno de PP e VIPS conseguiu finalmente que tanto os socialistas como SAL apoiaran a súa proposta: a incoación do expediente para a realización dun novo deslinde entre os concellos de Sanxenxo e O Grove.

Diferente foi a postura do BNG. Os nacionalistas optaron pola abstención e, aínda que reiteraron o seu apoio aos comuneiros de Noalla, acusaron a alcaldesa de demagoxia.

Foi en 1989 cando empezaron os enfrontamentos pola titularidade do istmo da Lanzada, cuestión que todo apunta a que estará moi presente nas eleccións municipais do mes de maio.