Un establecemento meco primeiro no ránking dos Premios Travelguau 2018

O GROVE> O Grove consolidase como destino preferente para todos aqueles turistas que viaxan con cans. O establecemento hostaleiro Cons da Garda, en San Vicente, conseguiu o primeiro posto na votación popular dos “Premios Travelguau”. Un recoñecemento que ten un “peso importante”, tal e como nos sinalou a rexedora de este establecemento.

Estamos en San Vicente do Mar, no Grove. Concretamente no Hotel Cons da Garda que acaba de acadar o primeiro posto na votación popular dos “Premios Travelguau 2018”. Pero para todos aqueles que non saiban do que estamos a falarlles, Beatriz Castro, propietaria de este establecemento nos explica en que se basea o seu negocio.

Un establecemento no que as mascotas poderán gozar da súa estancia tan ou mais que os seus donos recibindo un agasallo de benvida ou diferentes tratamentos.

O certificado que os acredita como gañadores de esta votación terán que recoñecelo no transcurso da Feira Internacional de Turismo que se celebrará a finais de xaneiro en Madrid. Ademais do recoñecemento este premio tamén inclúe unha importante cantidade de penso para mascotas que Beatriz xa está pensando en como o vai a distribuír.

E de recoñecemento en recoñecemento… porque o municipio meco tamén se converteu na segunda localidade, por detrás de Santa Pola, en “Destino Pet Friendly”. Agora xa o saben, queren gozar dun fin de semana de relax, e non saben a quen deixar a súa mascota, O Grove é unha opción moi económica que ofrece; entorno, gastronomía e instalacións para todos os gustos e necesidades.