Volve á Concha “Ás 9 na praia”

VILAGARCIA> Estamos a piques de rematar o mes de xullo e cas portas abertas a que remate de chegar o tempo estival dunha vez por todas… Vilagarcía xa prepara unha nova edición do seu tradicional evento “As nove na praia”. Unha iniciativa coa que disfrutar do entorno do areal da Concha, da boa música e todo elo en boa compañía.
Para dIsfrutar do espectáculo natural do solpor dende a praia da Concha, así reza o cartel de “Ás 9 na praia”. Un evento que cada ano congrega aos cidadáns na praia da Concha.
Dj´s e coctelería, ademais do entorno, fan de este evento unha das citas estivais máis esperadas polos vilagarciáns, que ademais este ano contará coa presentación da Semana do Cine, o vindeiro domingo.
Masaxes balineses, pilates, hipopresivos, música, cine e ata a previsión dun eclipse lunar, nin que fora posto a propósito, fan de esta cita unha velada moi especial, que terá lugar dende o día 25 de xullo ata o domingo 29, no areal da Concha en Vilagarcía.