PP e NOIA presentan a moción de censura contra Miguel Paz

    NOIA> PP e NOIA oficializaron este mediodía a moción de censura coa súa presentación no rexistro municipal. Os voceiros de ámbalas dúas formacións, Santiago Freire e Marisol Villar, fixeron entrega do texto asinado ante notario polos oito edís populares e os dous independentes. Ademais dun resumo dos resultados electorais, o texto recolle unha exposición dos motivos que lle levaron a tomar esta decisión ante a inestabilidade do actual goberno. Pola súa banda, o aínda alcalde, Miguel Paz, afirmou sentirse moi tranquilo e orgulloso da labor feita ata o momento aínda que expresou a súa desconfianza cara os que foran os seus socios de goberno, ós que acusou de deslealdade ó levar meses preparando esta moción que facilitará o acceso do popular Santiago Freire á alcaldía a partir do próximo dezasete de febreiro.