O BNG da Pobra pide que se conmemore o Día de Rosalía

    POBRA> O BNG da Pobra do Caramiñal volve reclamar a realización de actividades de promoción da obra de Rosalía de Castro durante este mes de febreiro, cando se cumpren cento setenta e nove anos do seu nacemento. Os nacionalistas lembran que xa no 2014 se aprobou por unanimidade no pleno unha moción semellante que nunca chegou a materializarse. Recollendo un acordo tomado xa pola anterior corporación no ano 2014 a raíz dunha moción presentada por eles mesmos, que nunca chegou a materializarse, o BNG volve a reclamar que se realicen actividades de promoción da obra de Rosalía de Castro durante este mes de febreiro, coincidindo co 179 aniversario do seu nacemento.. Os nacionalistas van máis alá, pedindo tamén un acordo da corporación para instar á Xunta a realizar unha mudanza na súa actual política lingüística.