RIBEIRA> Continúan as reaccións á moción de censura de Ribeira. O voceiro socialista Francisco Súarez.Puerta insta ó PBBI a facer públicos os termos do acordo co PP. Apela á mesma transparencia da que fixeron gala os membros do tripartito tralas eleccións coa sinatura dun pacto que os independentes non respectaron.
Aínda que non o colleu por sorpresa, o concelleiro socialista Francisco Suárez-Puerta amósase moi crítico cos seus xa ex-socios de goberno pola maneira en que negociaron a presentación da moción de censura. Alude á falla de transparencia, tanto co resto dos grupos como da propia cidadanía, que non ten información sobre os termos en que se produciu o acordo co PP.
Tamén fai un chamamento á responsabilidade do futuro goberno en aras dunha transición ordenada e colaborativa que permita dar continuidade a accións e proxecto que o executivo saínte xa ten encamiñadas.











