O promotor da denuncia contra Ramos pide que se execute o derrube

    tallerpedra.jpgRIANXO> Javier Iglesias Fungueiriño vén de solicitar que se execute a sentenza de derrube do taller de pedra Ramos.

    {flowplayer}barbanza/tallerpedra.flv{/flowplayer}

    A pesar de que o Xulgado do Contencioso Administrativo número catro da Coruña declarou nula a concesión da licenza para a construción do taller de Pedra Ramos e que o alcalde e varios edís foron imputados por un presunto delicto de prevaricación, a nave, ubicada no lugar de Seredal, en Asados, continúa coa súa actividade. Isto a pesar de que ó propietario do negocio, José Ramos Rivas, se lle imputan sendos presuntos delictos contra a ordenación do territorio e desobediencia por non acatar a sentenza e continuar a desenvolve-la actividade empresarial.

    Prazo de dous meses

    A intención de Javier Iglesias Fungueiriño, promotor da denuncia, é que non se demore máis a execución do fallo xudicial e se proceda ó derrube da nave nun prazo que non exceda os dous meses.

    O que resulta paradoxo é saber cales son verdadeiramente as intencións que agocha o denunciante, pois el é tamén propietario doutra empresa de cantería situada a catrocentos metros do taller de Ramos, o que significa que tamén está en situación ilegal por tratarse dunha parcela clasificada como chan rústico.

    Redacción Barbanza