O PP insta a Deputación a usar a maquinaria pública parada

[

PONTEVEDRA> O PP solicita á Deputación de Pontevedra un plan de actuacións para o Parque de Maquinaria. Acusan ao grupo de goberno de ter paradas unhas infraestruturas que cifran en 5 millóns de euros e que se están a deteriorar co desuso, mentres existen estradas en moi mal estado por toda a provincia.

 

Trala visita ao Parque de Maquinaria que os deputados fixeron a semana pasada, esta mañá os voceiros do Partido Popular presentaban no rexistro da Deputación de Pontevedra unha moción na que solicita á institución que de uso ás maquinas de obras públicas que se encontran paradas, segundo afirmaron, dende hai medio ano.

Dende o PP afirman que concellos e alcaldes están a pedir a Deputación que retome esta iniciativa para evitar o deterioro das maquinas.

Trala presentación da moción para o seu debate no próximo pleno, os deputados provinciais atenderon aos medios nas propias instalacións do rexistro debido a que, segundo denunciaron, lles denegaran o uso da sala de prensa da Deputación enviándoos a unha sala baleira no edificio contiguo na que non contan, dixeron, con ningún tipo de medio.

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/02febreiro/09/mocion_pp_deputacion.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/02febreiro/09/mocion_pp_deputacion.mp4{/flowplayer}