A revolución feminina chega á Boa Vila coa celebración de Ponte Coqueta

PONTEVEDRA> E dunha festa que xa rematou a outra que está a piques de comezar. Pontevedra volverá a revivir, a vindeira semana, os anos 20. O fará coa 4ª edición de Ponte Coqueta. Un evento no que haberá obradoiros, charlas, e, por suposto, concertos.

Pontevedra mostrará a vindeira semana o seu lado máis feminino. O fará coa celebración da 4ª edición do Ponte Coqueta. Un evento que trasladará á cidade aos anos 20, 30 e 40. Momento no que as mulleres decidiron coller o mando da revolución.

A programación do Ponte Coqueta comezará o luns cunha conferencia, a cargo de Iria Piñeiro, sobre “A muller e o cabaré de Galiza”. Continuará cos talleres infantís onde todos os nenos e nenas da cidade poderán participar. Para os maiores tamén haberá talleres, tanto de iniciación como de perfección. O venres chegará á Boa Vila o gran espectáculo de cabaré ao aire libre. Un evento de Marinita Calleja e Iria Piñeiro que estará cheo de sorpresas.

O sábado 31 será o día grande. Durante toda a xornada haberá vermús, un taller de lindy hop, clases de swing e charlestón e o gran Baile Coqueto a cargo de The Vangar e de Sar Swing Quartet.

Todos os que queiran participar nesta edición de Ponte Coqueta poden consultar a programación na súa páxina de Facebook. A organización anima a todos os veciños da Boa Vila a vestirse dos anos 20 e saír á rúa a bailar coa gran revolución do cabaré.