PONTEVEDRA> Reunión contra a cesión de remanentes. O alcalde de Pontevedra mantivo esta mañá un encontro cos representantes doutras 30 cidades do Estado para reclamar conxuntamente un novo Decreto-lei. Ademais, nesta xuntanza os alcaldes acordaron pedir tamén a suspensión temporal da Lei Montoro mentres dure a crise da Covid.
“Inxusto e discriminatorio”. Así definiu esta mañá o alcalde de Pontevedra o acordo adoptado polo Goberno e a FEMP en relación á cesión de remanentes. O fixo tras manter unha reunión cunha trintena de alcaldes de todo o Estado e de todas as cores políticas, a excepción do PSOE.
Na xuntanza, os alcaldes acordaron reclamar un novo Decreto-Lei sobre remanentes. O cal recolla un fondo municipal independente da situación financeira de cada Concello.
En segundo lugar, os alcaldes que participaron hoxe na reunión esixiron que, mentres dure a crise da Covid, se suspenda a Lei-Montoro nos aspectos referentes á regra de gasto, déficit e estabilidade.
Neste sentido, Miguel Anxo Fernández Lores xa anunciou esta mañá que o BNG votará en contra deste Decreto no Congreso dos Deputados.