A Deputación contará no 2014 cun orzamento de case 147 millóns

PONTEVEDRA> A Deputación de Pontevedra contará cun orzamento de case 147 millóns de euros para o vindeiro ano. Un documento económico que se aprobou automáticamente ó non contar con alegación algunha. A Deputación de Pontevedra ven de aprobar o seu orzamento para o ano que ven por valor de 146,8 millóns de euros.Un documento económico no que se contemplan 93,4 millóns para inversións nos concellos da provincia: 51,7 proceden da incorporación de Remanentes e 41,7 son para Gastos Correntes dos concellos, investimentos neles e transferencias. Nesta proposta de gasto non se acudirá a ningunha operación crediticia a maiores, co que non haberá incremento da débeda. Unha débeda que foi amortizada durante este 2013 en 15 millóns de euros, co que arestora non acada o 60 % dos seus recursos correntes. Con estes cartos, o Organismo Provincial intentará satisfacer as necesidades dos Concellos da Provincia e tamén dos diversos colectivos que existen en Pontevedra. De feito, na Xunta de Goberno desta mañá, a Deputación aprobou tamén a achega de 3.5 millóns de euros a bases de programas que beneficiarán a cinco mil colectivos sociais, culturais , comunitarios deportivos da Provincia. Se neste exercicio estas axudas chegaron a 4.500 colectivos da provincia e no 2014 prevese que beneficien a uns cinco mil. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/12decembro/27/Louzanq.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/12decembro/27/xunta_goberno_deputacion.mp4{/flowplayer}