Entroido pasado por auga

    SALNÉS> Un Entroido pasado por auga. O temporal que sofre Galicia estes días provocou que varios dos desfiles foran aprazados como os de Vilagarcía, Pontevedra ou O Grove. As festas infantís e os actos a cubertos foron os que máis resistiron sen ter que cambialos de data. Na rúa, moitos lamentan o mal tempo pero resígnanse a mollarse con tal de pasalo ben.

     

    Non foron poucas as localidades galegas que desafían ao mal tempo e decidiron manter os seus desfiles de Entroido, mais a choiva e o forte vento que mantén en alerta laranxa a comunidade obrigou en moitos casos a suspender ou aprazar os actos previstos.

    Os concellos de Vilagarcía e o Grove decidiron cambiar a data da celebración dos seus desfiles e mentres en Vilagarcía sairán as rúas o vindeiro domingo as cinco da tarde, na península meca farano o sábado 20. Pontevedra tamén retrasou o seu desfile ata o sábado 13 ante a previsión de mal tempo.

    Na comarca do Barbanza son tamén varias as localidades que trasladan a súa programación ao vindeiro fin de semana, como Boiro que pasa os actos para o domingo ou A Pobra, onde aínda non teñen data de cando se poderá celebrar o seu desfile.

    As carpas axudan a paliar algúns dos actos máis destacados como a presentación do Loro Ravachol en Pontevedra, pero son as actividades a cuberto, como as festas infantís as que máis éxito tiveron á hora de capear o temporal.

    Nas rúas, a maioría dos veciños resígnase a recibir agora a chuvia que non estivo presente o resto do inverno e moitos desafiarán ao mal tempo saíndo igual da casa para divertirse co Entroido galego.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/02febreiro/09/mal_tempo_entroido.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/02febreiro/09/mal_tempo_entroido.mp4{/flowplayer}