O BNG da Pobra reclama a eliminación das especies invasoras

    POBRA> O BNG da Pobra levará ó vindeiro pleno unha moción na que reclama a eliminación das especies invasoras e exóticas dentro dos límites do municipio. Para os nacionalistas esta sería unha das primeiras accións para converter ó concello nun municipio ecolóxico e sostible. A través dunha iniciativa que levarán ó vindeiro pleno, o BNG pobrense pretende acadar un compromiso da corporación para converter ó concello nun municipio ecolóxico e sostible. Para acadalo débense dar unha serie de pasos. Un deles pon a atención na flora. Así piden traballar na conservación das especies autóctonas e na loita contra aquelas outras especies invasoras. Dende o BNG considérase imprescindible traballar na implicación da sociedade, para o que é necesario levar a cabo campañas de sensibilización.

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí