![]()
RIBEIRA > Os veciños da praza dos Muíños reclaman ó concello que retome as obras de mellora nesta zona que, na actualidade, se atopan paralizadas.
{flowplayer}barbanza/muinos.flv{/flowplayer}
As obras para o acondicionamento integral desta praza iniciáronse hai agora máis dun ano. Sen embargo, a quebra da empresa concesionaria obrigou á súa paralización deixando o entorno nun estado moito peor.
Accidentes
Os veciños denuncian o mal estado do pavimento e a constante formación de charcas, o que dificulta o tránsito e supón un ricos de accidentes. Sen ir máis lonxe, este mércores unha veciña sufriu unha caída e tivo que ser trasladada ó hospital do barbanza por unha lesión do brazo. Segundo informaron os residentes, esta non é a primeira vez que acontece un accidente similar.
Os veciños consideran que o executivo debería acometer canto antes a mellora da praza que, no seu día, foi cedida polos seus propietarios ó concello para contar cun novo espazo público de lecer.
Obras prioritarias
Pola súa banda dende o concello explicaron que a demora na execución das obras debeuse á necesidade de volver a adxudicar a actuación, despois de que a empresa Seixo se declarase en suspensión de pagos. O mesmo aconteceu con outros proxectos, como a casa da xuventude, á que se lle está a dar prioredade posto que a subvención europea que a financia esixe o cumprimento duns prazos concretos.
Aínda así, retomarán en canto sexa posible a reforma nos Muíños. Os veciños son consicentes de que existen outras obras prioritarias pero entenden que, se non se pode acometer de momento a actuación, polo menos deberían acondicionarse os accesos para evitar accidentes.
Redacción Barbanza









