NOIA> Todo preparado en Noia para acoller unha nova edición da súa Feira Medieval. Será a fin de semana do 16 ó 18 de xullo.
Trátase dunha das citas festivas ineludibles na programación de verán na localidade e tamén, a máis multitudinaria. Por esta razón, o novo executivo decidiu dar un pulo importante a edición deste ano, a primeira que organiza dende a súa chegada ó goberno trala moción de censura.
Tras moitos anos sen facelo, o Concello tomará as rendas da organización e non delegará esta función nunha empresa externa, tratando de recuperar a esencia da feira.
Outro dos cambios máis significativos será a decoración e a animación das rúas durante os tres días de celebración, incluíndo actuacións de renome a nivel internacional, para facer máis atractivo a festa.
Este ano ademais recuperarase o desembarco, poñendo así en valor a importancia de Noia na época medieval coma porto comercial.
Dende o goberno confían en que os cambios introducidos redunden nunha mellora da feira, convidando a veciños e forasteiros a disfrutar dela.











