O novo goberno de Noia manterá dúas dedicacións

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/02febreiro/18/reparto_areas_goberno_noia1802161.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/02febreiro/18/reparto_areas_goberno_noia180216.mp4{/flowplayer} NOIA> O novo executivo noiés, integrado polo Partido Popular e o NOIA, deu a coñecer a distribución das áreas de goberno. Os dez edís que conforman o goberno municipal repartiranse un total de vinte e nove departamentos. Un día despois de tomar posesión coma novo alcalde, o popular Santiago Freire, presentou ó que será o novo goberno municipal integrado por oito edís do PP e dous do NOIA, aproveitando tamén para dar a coñecer a distribución das áreas de goberno. El mesmo asumirá directamente as responsabilidade en Sanidade, Urbanismo e Promoción Económica. Julio Bustelo encargarase dos departamentos de Medio Rural e Mariño, Casco Histórico e Patrimonio e Policía. Mariola López asumirá Parques e Xardíns, Comercio e Hostalería e Seguridade Vial. Satur Balderrábano levará Facenda, Economía e Industria. Ana Belén García encargarase das áreas de Relacións Veciñais, Réxime Interno, Servizos Públicos e Relacións Institucionais. Ramón Santos asumirá Deportes, Xuventude e Protección Civil. Martín Fernández levará Obras e Ángela Neri asumirá Medio Ambiente, Educación e Traballo. Os outros dous edís do novo goberno, representantes do NOIA, Marisol Villar e Pepe Pérez, encargaranse de Comercio e Persoal e de Turismo, Cultura e Festexos, respectivamente. Ademais o novo goberno manterá as dúas dedicacións exclusivas, unha para cada un dos grupos que conforman o executivo. Nada máis poñer pé na casa consistorial, o novo rexedor xa tivo que tomar varias decisións de importancia. Unha delas foi o aprazamento da convocatoria dunha comisión informativa formulada polo goberno saínte na que tiña que analizarse a sentenza que pesa contra os propietarios do edificio ‘Fin de Siglo’. Outra das decisións importantes que deberá tomar o novo executivo será continuar cos trámites do novo PXOM, un documento para eles vital para o desenvolvemento presente e futuro do municipio.