A primeira asociación LGTB do Barbanza reivindica o ‘dereito a ser’

    POBRA> Nace no Barbanza a primeira asociación de gais, lesbianas, transexuais e bisexuais de toda a comarca. Baixo o nome ‘Dereito a ser’ esta nova entidade pretende prestar asesoramento e información para acabar coa discriminación que sofre este colectivo. O pasado once de febreiro constituíase formalmente a asociación ‘Dereito a Ser’ que engloba a persoas do colectivo LGTB de toda a comarca. Pretende ser unha plataforma para promover os dereitos destas persoas que reclaman o dereito a expresar libremente a súa orientación sexal ou a súa identidade de xénero nunha sociedade na que aínda está moi presente esta discriminación. Especialmente vulnerables son en etapas como a adolescencia onde o acoso escolar é, por desgraza, moi frecuente nestes casos. Ademais dun servizo de asesoramento ás persoas deste colectivo e do seu entorno familiar, a asociación aspira a conseguir importantes logros en materia de dereitos. O acceso igualitario ós baños públicos para as persoas transexuais ou o cambio de nome no DNI unha vez iniciado o tratamento para o cambio de xénero son tan só un exemplo das súas aspiracións. Unha vez presentada de xeito oficial, os responsables da asociación fan un chamamento a todas aquelas persoas que desexen unirse. Poden contactar a través das redes sociais, no perfil de facebook ‘Derecho a ser’.